Home – Galego

talento verdadeiro na procura do talento verdadeiro na procura do

O editorial Desayuno con libros nace coa decidida intención de recoñecer e apoiar o talento. O teu talento.

A pluma máis orixinal

Non queremos limitarnos a editar coa mellor calidade. Queremos ir máis aló, seleccionando aquelas obras que pola orixinalidade do seu argumento ou viveza do seu ritmo narrativo, esperten o interese e a curiosidade do lector.

Nunca perderás o norte

Propoñémosche un acompañamento previo e posterior á impresión da obra, aconsellando, corrixindo, orientando e apadriñándoche nos primeiros pasos dunha experiencia que ha de ser, necesariamente, inesquecible.

.

Queremos ser o teu altofalante

Poñemos á túa disposición o altofalante das nosas redes sociais, con máis de 80.000 seguidores, amantes da literatura que coñecerán a túa obra antes que ninguén e gozarán de facilidades para adquirila na súa estrea.

Gustaríanos acompañarche no teu soño para convertelo no noso, compromiso mutuo de dar a coñecer a túa obra, de dar a coñecer o teu talento.

¿Quen é a nosa editora?

Graduada en biblioteconomía e documentación pola universidade de Granada, María  R. Couto é unha persoa namorada da literatura desde que sendo moi nena devoraba os moitos títulos que poboaban a rica biblioteca familiar.

Profesional nunha das maiores librerías de Galicia durante máis de 18 anos, a súa vida non se entende sen cheiro a tinta e papel.

Polo seu club de lectura pasaron figuras significadas do mundo literario e contou entre os seus socios con persoas do máis alto nivel no mundo da cultura galega e nacional.

Plumas como Alejandro Palomas, James  Rhodes, Javier Pena, Juan Tallón, Inma López Silva ou Francisco Castro entre outros, presentaron a súa obra no foro cultural que dirixe con paixón María hai xa varios anos na cidade de Vigo.

Hoxe, coa experiencia acumulada e a ilusión intacta abre a porta a este novo e apaixonante reto o de converter en realidade o relato dos teus soños.

Desayuno con libros ofrece ao escritor un auténtico servicio 360. Encargámonos de todas as etapas que comprende a edición dun libro ata a súa publicación e promoción final.

¿Qué podemos facer por ti?

Primeira
lectura

Realizamos unha primera lectura da obra sen compromiso para evaluar as posibilidades reais de publicación.

Análise
da obra

Se, efectivamente, a obra ten potencial, procedemos a analizala ata o derradeiro detalle (estrutura, etc…)

Corrección
ortográfica

Contamos cun servizo de corrección  ortográfica a cargo de filólogos especializados. ¡Non se nos pasa unha!

Maquetación
do libro

A maquetación dun libro é un proceso arduo do que nos encargamos, sempre seguindo as túas preferencias estéticas.

.

Deseño
da portada

Captar o espírito da obra cunha portada á altura é tarefa dos nosos artistas gráficos. Estás en boas mans.

Impresión
da obra

Os nosos acordos coas principais imprentas permítennos producir o libro en tempo récord a un custo razoable.

Publicidade
e promoción

Aproveitamos a nosa destacada presenza en redes sociais para dar a coñecer a túa obra no mellor foro: Desayuno con libros.

A gran vantaxe de Desayunoo con libros é a nosa notoria presenza en redes sociais e foros especializados. Isto permítenos dar a coñecer a túa obra e xerar interese mediático desde o principio.

O que din sobre María R. Couto

3,2,1... contacto

Se tés algunha pregunta o desexas más información sobre a nosa editorial, podes chamarme ó (34) 661 850 715, enviar un mail a info@desayunoconlibros.com ou completar o seguinte formulario:

    Lín e acepto as condicións de uso


    Según o disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consexo, do 27 de abril de 2016, informámoslle que os datos de carácter persoal que nos va a proporcionar se recollerán nun ficheiro chamado "usuarios web" cuyo responsable é María Couto. A finalidade de este ficheiro é incorporarlle á nosa base de datos, susceptible de ser utilizada en listas de suscripción, newsletters, etc. MOI IMPORTANTE: Ten dereito de acceso, rectificación, limitación o supresión dos seus datos enviando un correo electrónico a info@desayunoconlibros.com dende a dirección que usou para o alta, así como a realizar unha reclamación ante a Autoridade de Control.